Diploma de curso avanzado de posgrado
Ámbito: Enxeñería eléctrica, enxeñería electrónica e enxeñería da telecomunicaciónCódigo: TCS:1159/1
Área de interese principal: Tecnoloxía | Área de interese secundaria: Ciencias
Inicio e fin
03/02/2025 – 06/06/2025
Modalidade
Modalidad no informada
Créditos ECTS
11.0 ECTS
Estado
Preinscrición
Descrición
Nesta materia os participantes aprenderán a deseñar e probar circuítos integrados fotónicos que conteñan dispositivos pasivos; que conteñan componentes activos, como láseres, moduladores, amplificadores ópticos, fotodiodos de alta velocidade, entre outros; e que conteñan componentes electrónicos pasivos de alta velocidade.
Dentro do mercado global de semiconductores, a demanda de dispositivos fotónicos está medrando anualmente a ritmos próximos ao 20%, con Europa apostando polo aumento da súa capacidade produtiva coa posta en marcha de novas plantas de fabricación (foundries). Os chips fotónicos son esenciais para as necesidades do desenvolvemento tecnolóxico na automoción, comunicacións, computación cuántica, defensa, dispositivos médicos e electrónica de consumo. Esta formación é unha excelente oportunidade para gañar competencias nestas tecnoloxías e adquirir unha preparación moi demandada no mercado laboral nacional e europeo.
Este é un programa formativo, ao abeiro da Cátedra NextChip da Universidade de Vigo, que está financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, desenvolve ferramentas de testeo e caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración.
A disponibilidade de prazas estará condicionada ás inscricións no título de experto en Desenvolvemento de dispositivos de fotónica integrada.
Director/a:
Francisco Javier Díaz Otero
Teléfono contacto:
986130304
Email contacto:
nextchip@uvigo.es
Entidade organizadora:
Centro de Posgrado y Formación Permanente
PERÍODO DE INSCRICIÓN
Inscrición aberta
25/11/2024 – 30/01/2025
PERÍODO DE MATRÍCULA
Matrícula aberta
16/12/2024 – 31/01/2025
Modalidade
Docencia presencial/virtual
60 horas
Docencia non presencial
48 horas
Prácticas en empresa
0 horas
Lugar de impartición
As clases presenciais terán lugar na Cidade Tecnolóxica de Vigo (CITEXVI) no Campus de Vigo. E as clases online a través da plataforma Campus Remoto e Moovi
Horario
As clases terán lugar de luns a venres en horario de 15:30 a 19:30 horas.
Prezos
Público en xeral | Alumni UVigo | Comunidade UVigo |
---|---|---|
0 € | 0 € | 0 € |
Observacións aos prezos
100% financiada polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia
Obxectivos
Ao finalizar esta materia os participantes poderán deseñar e probar circuítos integrados fotónicos
Idioma
- Castelán 60%
- Inglés 40%
Competencias Específicas
- Introdución teórica ao deseño de dispositivos fotónicos pasivos
- Introdución práctica ao deseño de dispositivos fotónicos pasivos
- Introducción teórico-práctica sobre o uso do software de medición remota
- Introdución práctica aso deseño de dispositivos fotónicos activos
- Introdución teórico-práctica ao deseño de dispositivos fotónicos de RF
- Introducción teórico-práctica sobre o uso do software de medición remota
Competencias Transversais
- Deseño de chips fotónicos pasivos utilizando software Lumerical
- Programación das medicións sobre o chip fabricado
- Deseño de chips fotónicos de RF utilizando software Lumerical
- Programación das medicións sobre o chip fabricado
Condicións de acceso
- Ter superados un mínimo de 120 ECTS nunha titulación universitaria oficial dentro do EEES ou equivalente.
- Estar en posesión dun título universitario dentro do EEES, que outorgue acceso a ensinos oficiais de posgraduado.
- Estar en posesión dun título estranxeiro, alleo ao EEES, homologado a un título universitario oficial do EEES.
- Ser profesional con acreditación de experiencia laboral, sempre que estea relacionada coas competencias inherentes ao título e cumpran os requisitos de acceso á universidade segundo a normativa vixente.
Criterios de selección
A Dirección do título poderá realizar entrevistas persoais de consideralo oportuno para unha mellor comprensión dos méritos alegados, e poderá establecer novos criterios compatibles cos anteriores para concretar a aplicación dos principios e criterios enunciados. Nese caso, a puntuación será: Currículo 60%, Carta de motivación: 20%, Entrevista persoal: 20%.
Metodoloxía
A materia contará con leccións maxistrais de expertos no ámbito e tamén con actividades prácticas guiadas, de laboratorio e simulacións.
Materias
id | nome | caracter | créditos |
---|---|---|---|
200470 | Diseño y medida de circuitos integrados fotónicos | Obligatoria | 11.0 |
Profesorado
- Francisco Manuel Da Luz Soares
- David Álvarez Outerelo
- Xin (Scott) Yin
Avaliación
- Asistencia actividades formativas 20%
- Probas e exercicios de avaliación continua 20%
- Informe de prácticas – pasivos 20%
- Informe de prácticas – activos 20%
- Informe de prácticas – RF 20%
Titulación
Diploma de Curso Avanzado de Posgrao en Deseño e medida de circuitos integrados fotónicos